Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense abre desde o martes, 25 de xuño o prazo de inscrición nos campamentos de verán para escolares que organizará durante o mes de xullo nos CEIP Amedeo Barroso, O Couto, A Ponte e Mestre Vide.

As familias interesadas poderán realizar a inscrición na Área de Educación, na Praza de San Martiño, 1º andar, de 9:00 a 14:00 horas e até o día 5 de xullo. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e cada persoa poderá inscribir unicamente a dous menores -agás no caso das familias numerosas-.O prezo é 10 euros por escolar, e 5 por irmán ou irmá.

Os campamentos teñen como finalidade axudar á conciliación familiar e poñer a disposición da cativada actividades de lecer durante as súas vacacións de verán. Desenvolveranse no mes de xullo, de luns a venres, 8 a 14:30 horas. Están dirixidos a escolares de Educación Infantil e Primaria (5-12 anos). Disporase tamén de prazas para o alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) no centro escolar da Ponte e no Couto un grupo de Educación Infantil (6º de Educación Infantil).