Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

As tres bibliotecas municipais e a Aula de Natureza do río Miño acollerán a programación de actividades de Nadal para escolares que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Unha iniciativa que pretende proporcionarlle á cativada a posibilidade de participar en actividades formativas e de lecer ao tempo que axudar á conciliación das familias durante as vacacións de Nadal. Serán obradoiros lúdico-educativos que se desenvolverán desde o día 26 de decembro dirixidos a alumnado de Educación Primaria e Infantil, no caso da aula de Oira, e de 4 a 10 anos nas bibliotecas. As familias interesadas poderán realizar a inscrición desde o mércores, 11, até o 19 de decembro nas propias bibliotecas ou até o 26 na Aula de Natureza.

As actividades da Aula da Natureza realizaranse de 10.00 a 13.00 e de 16.15 a 19.00 horas e terán un marcado carácter medioambiental. Así, preténdese que os nenos e as nenas aprendan a reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. Preténdese que coñezan as R: Reciclar, Reutilizar e Reducir que tomen conciencia da importancia de reducir residuos (envases) e separar en orixe, así como divulgar nas familias das vantaxes que ten a reciclaxe no medio ambiente. O custo de matrícula nestas actividades é 10 euros

Nas bibliotecas da Ponte, San Francisco e A Carballeira realizaranse actividades de animación á lectura. Co lema “A maxia dos contos” buscan promover o gusto pola lectura, dende unha perspectiva metodolóxica baseada no xogo e na creatividade, usando o xogo como ferramenta educativa.

As actividades levaranse a cabo os días 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro nas biblotecas e os días 26, 27 e 30 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro na Aula da Natureza.