Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense convida as familias a coñecer mellor e gozar da biodiversidade da cidade con “Ourense ten un tesouro, búscao con Mila e Iago!”. Esta é unha guía de actividades, publicada na páxina web da concellería, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que está adicado á Biodiversidade. Nela, as familias poderán acceder a diferentes actividades lúdicas e formativas que deberán realizar, acompañando a dúas personaxes: o rapaz Iago e a súa avoa Mila, nun paseo pola cidade, que lles permitirán coñecer mellor a fauna e a flora típicas de Ourense, e moi especialmente da contorna do río Miño.

  • Descarga a guía AQUÍ (.pdf)