Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Escola Municipal de Música de Ourense (EMMO) oferta 82 prazas para nenos/as, novos e adultos, para o novo curso 2020-21. O prazo de preinscrición será do 14 ao 20 de setembro e farase a través do espazo web da Concellería de Educación.

As prazas que coincidirán co ano escolar son:

  • Música e Movemento
  • Violín
  • Saxofón
  • Guitarra
  • Baixo
  • Percusión

Ademais, a EMMO ofrece talleres musicais trimestrais:

  • Taller de iniciación á batería I e II
  • Taller de iniciación á pandeireta I e II
  • Taller de iniciación á guitarra e linguaxe musical I e II
  • Taller básico de guitarra rítmica e acordes I e II
  • Taller de iniciación á improvisación para instrumentos melódicos e harmónicos I e II

Información e inscricións: www.educacionourense.es