Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense organizará un total de 140 cursos e actividades formativas dentro do programa Universidade Popular 2020/2021, que desenvolve a Área de Educación. A oferta dálle continuidade ás actividades realizadas no curso anterior, que rexistraron un moi alto nivel de participación con preto de 3.000 alumnas e alumnos. As persoas interesadas poderán realizar a preinscrición desde o día 1 ata o 31 de outubro. Cómpre facelo pronto, xa que un dos criterios de admisión é a orde de entrega da solicitude.

A oferta estruturase en torno a 5 eixos: Idiomas (con 7 propostas diferentes), Novas tecnoloxías (con 12 actividades), Corpo, saúde e calidade de vida (41), Cultura, coñecemento, tempo libre e afeccións (19), Intervención social, formación para o emprego, actividades de tipo profesional (28) e Obradoiros de artesanía (33).

A programación completa e a información sobre as datas e horarios está dispoñible desde hoxe na páxina web da Concellería de Educación www.educacionourense.com. As actividades están dirixidas a persoas de mais de 16 anos, que poderán realizar a preinscrición a través da páxina web da Concellería cubrindo un formulario, que se colgará na web o día 1 de outubro ás 09:00 h, Recibirán un documento de confirmación en formato PDF, co número de rexistro, data e hora da mesma.

[Máis INFO]