Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense presenta, un ano máis, o certame infantil de debuxo Postal de Nadal 2020. Este ano está dirixido ao alumnado de 1º curso de Educación Primaria dos colexios da cidade, e o seu obxectivo é que a rapazada poida plasmar nun debuxo aquilo que para eles é significativo destas datas.

O premio está dotado con 500 euros, que para este concurso adoitan ser en material educativo: a clase vencedora recibirá material didáctico por valor de 200 euros e o gañadora ou gañadora, un lote de tres libros por importe de 100 euros. A postal gañadora será, ademais, a imaxe da felicitación de Nadal do Concello de Ourense.

Os debuxos presentaranse en formato A4, con técnica libre. O xurado estará composto por un artista local e dous técnicos das concellerías de Educación e de Cultura. Valorarase o conxunto dos debuxos presentados por cada centro tendo en conta o equilibrio e a harmonía entre as ideas e as ilustracións, así como a orixinalidade dos traballos presentados.

O prazo de presentación de orixinais rematará o mércores 9 de decembro, e a entrega dos premios realizarase no centro escolar gañador o vindeiro 22 de decembro.