Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación inicia un programa de saúde e protección escolar fronte á Covid 19 dirixido a un milleiro de alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato na cidade, en colaboración con profesionais sanitarios, para resolver as dúbidas sobre a pandemia e sobre as medidas de prevención e hixiene establecidas nos protocolos escolares.

O obradoiro iníciase logo de detectar os dous primeiros cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) están exentos de contidos relacionados coa saúde e o sistema inmune. De feito, o currículo escolar de Galicia non aborda estas materias antes de 6º curso de Primaria, e o protocolo dálles aos centros educativos a posibilidade de deseñar, de maneira transversal e voluntaria, programas de educación neste tema. Desde a organización das actividades asegúrase que entre os obxectivos desta formación están os de “acompañar e de sustentar a información da rapazada para unha mellor comprensión e formación da vida”.

No curso participarán 1.138 alumnos.

Educación ambiental

Mañá martes comezará, tamén, outra das apostas da Concellería de Educación para este curso: a Saúde Ambiental para escolares de Educación Primaria, cun obradoiro sobre incendios forestais. Este programa, De vagar, estrutúrase a través de contos teatralizados sobre os lumes promovendo o debate sobre o aproveitamento sostible do monte que teñen ao seu dispor.

O alumnado achegarase ao problema dos lumes forestais a través da conciencia social e cívica, pero tamén contará con novas competencias lingüísticas, elementos todos integradores da súa personalidade: o teatro remíteos á necesaria actitude de apreciación e respecto e conservación do medio físico e natural.

Neste obradoiro participarán 205 alumnos.