Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía aos membros da Plataforma Pro Campus Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña, para adoptar unha posición común na defensa da implantación do Grao de Intelixencia Artificial no Campus de Ourense, unha titulación moi apetecida por todos os campus galegos.

A Plataforma Pro Campus considera que conta con varios puntos fortes que os sitúan nun bo lugar para que sexa Ourense o lugar elixido: foi a Escola Superior de Enxeñería Informática a primeira en mostrar o seu interese formalmente, fai xusto un ano, por esta titulación; contan unha experiencia de máis de 30 anos en estudos de Enxeñería Informática; o perfil tecnolóxico encaixa moi ben coa Universidade de Vigo, enfocada no eido da tecnoloxía; e por último, a implantación desta titulación armonizaría en Ourense as políticas académicas coas de outras administracións, entre as que destaca o Centro de Intelixencia artificial promovido polo Concello de Ourense.

As universidades galegas están nun período de reorganización, no que se van implantar polo menos 10 novas titulacións. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, agarda que polo menos unha destas titulacións veña para Ourense, considérao “vital”, “interésanos moitísimo reclamar que o Grao de Intelixencia Artificial veña para o Campus de Ourense”.