Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

Esta mañá celebrouse unha actividade de educación viaria organizada pola Concellería de Educación en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, coa presenza do Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente Rey e o Concelleiro de Educación Armando Ojea Bouzo. Tamén colaboraron no desenrolo desta actividade a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil do Concello de Ourense.


Á actividade que se levou a cabo, denominada “Convivir, compartir e respectar” asistiron alumnos de centros de Educación Primaria de Ourense, e desenvolveranse este mes de xuño nas pistas de exame da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense en Santa Cruz de Arrabaldo. Nun circuíto similar ó entorno urbano, o alumnado demostrará que é posible a convivencia entre peóns, patinetes e bicicletas.