Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación organiza o programa “Concilia verán 2021”, que ten como principal obxectivo axudar en todo o posible a conciliar a vida familiar e laboral das familias da cidade con fillos e fillas de 3 a 12 anos de idade. Este ano ofertáronse 1.680 prazas durante os meses de xullo e agosto en 10 centros de ensino de Ourense e na Aula da Natureza de Oira en horario de 8.00h a 14.30h.

Este xoves, 15 de xullo, coincidindo co peche da primeira quincena das actividades, o concelleiro Armando Ojea visitou o CEIP Irmáns Villar, ao que se achegou con agasallos para repartir entre os nenos e nenas participantes.