A concelleira, Belén Iglesias, e o equipo técnico da Concellería de Educación mantiveronunha xuntanza na sala Valente con directores e directoras dos colexios para presentarlles polo miúdo os programas e actividades ofertadas, que o profesorado dos centros xa pode solicitar desde o 20 de setembro a través da páxina web da Concellería de Educación
A programación dálle continuidade ás propostas formativas que cada ano desenvolve a Concellería de Educación, e incorpora novidades, como o Roteiro guiado adicado a Carlos Casares, os concertos didácticos de jazz para alumnado de ESO, e as actividades formativas de alfabetización enerxética.
As demais mantéñense aínda que varían os títulos, as temáticas e algúns formatos sempre co obxectivo de mellorar os contidos que se poñen a disposición do alumnado.
O programa “Días con Nome Propio” amplía as súas actividades e englobará todos aqueles días sinalados que se pretende celebrar ao longo do curso escolar. Utilizará distintos recursos e espazos da cidade como rúas, prazas, Escola Municipal de Música e Teatro, Bibliotecas, Auditorio, Aula da Natureza, centros de ensino, etc... con actividades de celebración de datas como os días da Música, das bibiliotecas , do libro, Entroido, Letras Galegas, Medioambiente, Bosques Autóctonos, Humedais, Aves, sen coche, museos, poesía, paz, árbore, biodiversidade...
Os programas educativos ofertados este curso son
- Animación á lectura
- Artes Escénicas na Escola
- Aula da Natureza
- Coñece a túa cidade
- Exposicións
- Cursos de Formación do Profesorado
- Días con Nome Propio
- Educación Viaria, prevención e seguridade
- Educación en Medioambiente
- Programa de Nadal