Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación e a Deputación de Ourense inician, o 30 de xaneiro, unha nova edición -a décimo primeira- das Tertulias Literarias en galego, polas que pasarán un total de 190 escolares de ESO e Bacharelato de 11 centros educativos da provincia. Nesta ocasión, o libro escollido para as tertulias é a novela Izan o da saca (de. Xerais), obra de Xabier Quiroga.

Os debates terán lugar os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro no Liceo de Ourense. O último día contarase, ademais, coa presenza do propio autor desde as 18:00 horas. A actividade consiste nunha posta en común de experiencias e ideas entorno ao libro e á lectura. Para poder realizar esta actividade, un grupo de traballo formado por 20 profesores dos centros participantes, xunto coa coordinadora do programa Tertulias Literarias, Sara Dacal, e o representante da Deputación, Aurelio Gömez Villar, desenvolveron reunións previas e traballo de aula co alumnado.

Na presentación desta actividade, no salón de plenos do Concello de Ourense, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, destacou “o grande valor didáctico do traballo a través do libro, que fomenta a atención lectora pero tamén a capacidade de escoitarse”, dixo. Pola súa banda, Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, manifestou que “o ler non ten excusas”, ao tempo que debullou os beneficios de ler: “Entre eles, mantén o cerebro activo”.

Concello e Deputación facilitan, ademais, os exemplares dos libros aos centros participantes: IES O Couto, IES Blanco Amor, IES Otero Pedrayo, IES As Lagoas, IES Universidade Laboral, CPR Divina Pastora e CPR Padre Feijóo, e CPI José García, na cidade de Ourense, e IES Allariz, IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía, de diferentes puntos da provincia.

A vindeira cita do ciclo educativo será en abril coas tertulias en castelán.