Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación convocou 300 escolares pertencentes aos cursos de 1º a 4º de Educación Primaria de sete centros de ensino da cidade para participar nos xoves de Compadres e de Comadres, actos cos que se dá comezo o Entroido 2018 en Ourense. As actividades terán lugar os vindeiros 1 (compadres) e o 8 (comadres) de febreiro ás 11.30 horas na Praza Maior.

Porén, desde o 19 de xaneiro estanse desprazando aos centros de ensino monitores especializados con todo o material necesario para a confección dos mecos de compadres e comadres en sesións de 90 minutos. Este mesmo luns ás 11:00 horas, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, asistirá a un dos obradoiros de Entroido no CEIP Irmáns Villar. Ademais dos obradoiros de Mecos, os escolares da cidade tamén coñecerán os diferentes tipos de Entroido tradicionais da cidade (nas Eiroás, en Seixalbo e na Ponte).

Festa con animación na Praza Maior

Cos mecos confeccionados, o xoves 1 será a quenda de que as nenas saquen os compadres para seren perseguidos polos nenos; o xoves 8, pola contra, serán as nenas as que persigan os nenos para tentar arrebatarlles as súas comadres. Ademais, os escolares participantes gozarán das actividades de animación na praza Maior.