Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon a disposición da comunidade educativa un total de 12 programas de actividades dirixidas ao alumnado dos colexios da cidade. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, e o equipo técnico desta área municipal mantiveron esta mañá un encontro con directores e directoras dos centros educativos para presentarlles a programación deseñada polo Concello para o novo curso 2018/2019.

As propostas dánlle continuidade ás actividades que levan rexistrando un mellor seguimento, participación e resultados ano tras ano, e incorporan novas propostas innovadoras para tratar co alumnado de Infantil, de Primaria, e de Secundaria diferentes temáticas de actualidade e interese.

Serán temas prioritarios a educación en valores, a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos, a prevención da violencia e do acoso escolar, o vandalismo, o abuso nas novas tecnoloxías e as súas consecuencias na ortografía do alumnado, segundo subliñou a concelleira Belén Iglesias.
Como novidades, este curso contamos con actividades como:
• Sensibilización contra o vandalismo (para alumnado de ESO)
• “Axudo a coidar a miña cidade” en colaboración con Viaqua (para Educación Infantil)
• “Scriptorium” (4º e 5º de Primaria)
• I Concurso de Ortografía
• Charlas de Alcohólicos Anónimos (para ESO e ESPO)
• “Coñécete”: programa de Educación Sexual
• Actividade: “Apadriña Unha Rúa”
• Diversidade Natural da Provincia (ESO e ESPO)
• Charlas e obradoiros sobre Incendios Forestais

O resto das actividades mantéñense aínda que varían algúns dos títulos, formatos e temáticas co obxectivo de mellorar os contidos.
O programa “Días con nome propio” refórzase para unificar todos os días sinalados que se celebrarán durante o curso escolar utilizando os distintos recursos e espazos da cidade: rúas, prazas, Escola Municipal de Música e Teatro, Bibliotecas, Auditorio, Aula da Natureza, centros de ensino, etc... como sé das actividades de conmemoración de citas como os días da música, das bibliotecas, do libro, do medio ambiente, bosques autóctonos, humidais, aves, museos, poesía, paz, árbores, biodiversidade, Día Sen coches, Día das Letras Galegas ou festivas como o Entroido.
Os 12 programas educativos (que inclúen un cento de actividades) que oferta o Concello para o curso 2018/2019 son:

Animación á lectura
Artes Escénicas na Escola
Aula da Natureza
Coñece a túa cidade
Exposicións
Educación en valores
Cursos de Formación del Profesorado
Días con Nome Propio
Educación Viaria, prevención e seguridade
Educación en Medio Ambiente
Educación en Saúde
Programa Nadal

Espectáculo de circo para celebrar o inicio do curso
A Concellería de Educación daralle a benvida ao novo curso 2018/2019 cunha actividade de inicio de curso escolar dirixida a alumnado de 1º e 2º curso de Primaria, coa representación do espectáculo circense “Ghop!”, mañá, mércores, 3 de outubro, ás 11,30 horas, na Praza de San Martiño.