Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez, e o equipo técnico da Concellería presentaron esta mañá a directores e directoras dos colexios da cidade a programación de actividades educativas que organiza o Concello para o curso 2019-2020. Unha programación pensada para colaborar activamente co profesorado da cidade ofrecendo recursos útiles e moi variados ao alcance de toda a poboación.

A oferta para este curso escolar comprende máis de cen actividades enmarcadas en 15 programas educativos que abarcan os distintos campos do ensino. Está previsto que participen o número máximo posible de alumnos e alumnas de centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 3 e 18 anos.

Como novidades a programación da Concellería de Educación incorpora actividades como:

  • “Da alimentación á nutrición”: obradoiros para profesorado
  • “Actividade física e xestión emocional”: mellorar as capacidades cognitivas a través da actividade física
  • Campaña de concienciación : “O teu inodoro non é unha papeleira”
  • “Arquinenos”: concienciar sobre o mantemento e respecto polo mobiliario urbano
  • Ópera infantil: “La flauta mágica”
  • “Bitácora”: concerto de música electrónica
  • “Vialín”: autoescola portátil para educación infantil
  • “Arqueocampo”: Obradoiro para descubrir a arqueoloxía
  • “Coñece o teu barrio”: Prevención do vandalismo urbano
  • “STEMconELAS”: Fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas
  • Libri Terrae: Obradoiros de fomento da lectura
  • Verbateca: Potenciar o uso do galego entre a cativada

A presentación da programación aos directores e ás directoras dos centros educatvos tivo lugar esta mañá no salón de actos do Liceo. Pola tarde, a Concellería de Educación presentaralles esta programa ás asociacións de nais e pais nunha xuntanza que terá lugar na biblioteca municipal do barrio da Ponte.