Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense publicou, no perfil do contratante da plataforma do estado, a licitación do servizo de limpeza dos centros escolares do termo municipal. O prego ten por obxecto definir as condicións técnicas, desenvolvemento dos traballos, lotes, recursos humanos, cualificación técnica e medios materiais que rexerán a prestación deste servizo, que fixa en 1.562 as horas semanais de traballo, ademais doutras 616 horas no mes de xullo.

A limpeza inclúe as aulas nas que se imparten as clases e todas aquelas partes que corresponden a corredores de acceso ou de comunicación, despachos, escaleiras, servizos sanitarios, salóns de actos, bibliotecas e salóns múltiples, así como comedores escolares, laboratorios e outras zonas de recreo, pistas polideportivas, patios e calquera outra zona que conforme as dependencias do centro educativo.

As empresas que participen no concurso poderán visitar os locais obxecto do concurso público solicitándoo na Concellería de Educación [Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.], co gallo de que poidan aproximar os seus orzamentos ao concurso.

Cinco lotes

Coa intención de facilitarlles o acceso ás pemes do sector na cidade, a licitación distribúese en 5 lotes que se corresponden con 4 zonas da cidade máis a limpeza de cristais. Así, no primeiro lote (5) estarán os CEIPs A Ponte, prácticas, Virxe de Covadonga, Albino Núñez e o Centro de Educación Especial O Pino. No segundo (3), os CEIPs O Couto - O Greco, Manuel Luís Acuña e Infanta Helena (Vistahermosa). No terceiro lote (3), os CEIPs Manuel Sueiro, Mestre Vide e Curros Enríquez. No cuarto lote (6), os CEIPs Mariñamansa, Seixalbo, Inmaculada, Amadeo Barroso, Irmáns Villar e As Mercedes. O quinto lote é para especialistas: cristaleiros.

O prazo para a presentación de ofertas remata o día 19 de novembro do 2019.

O prego pódese consultar no apartado de perfil de contratante desta páxina web, dentro da Plataforma de Contratación do Estado.