Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

Un total de 277 alumnos de ESO e Bacharelato de 15 centros educativos da provincia participarán, no mes de xaneiro, nunha nova edición do programa de animación á lectura Tertulias Literarias, coorganizado pola Concellería de Educación e pola Deputación Provincial. A concelleira María Teresa Rodríguez e a deputada de Cultura, Patricia Torres, encargáronse de presentalo esta mañá.

As tertulias de galego versarán, nesta edición, ao redor de O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, premio Xerais 2016. Terán lugar os vindeiros 28, 29, e 30 de xaneiro -coa participación do autor-, e o 4 de febreiro, ás 16:30 horas no Liceo de Ourense. A actividade consiste nunha posta en común de experiencias e ideas entorno ao libro e á lectura.

Para poder realizar este acto, un grupo de traballo formado por 35 profesores dos centros participantes, xunto coa coordinadora do programa Tertulias Literarias, Sara Dacal, mantiveron reunións previas fóra do horario lectivo.

No mes de abril terá lugar a segunda parte do programa, Tertulias Literarias en castelán, desta vez ao redor da obra Malaherba, de Manuel Jabois.