Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

 

A Concellería de Educación do Concello de Ourense convida o alumnado dos centros educativos da cidade a desenvolver a súa creatividade literaria durante este período de confinamento pola pandemia. Para isto, convoca o I Certame Literario “Sementeiro de historias: a corentena 202”. Está dirixido a alumnado de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Medios e Superiores, que terá que presentar traballos que conten as experiencias vividas nesta etapa, historias reais ou ficticias, en prosa ou verso.

Promover espazos alternativos educativos e culturais

A Concellería de Educación pretende promover nos fogares ourensáns espazos alternativos educativos e culturais como medida para contrarrestar o impacto negativo causado polo COVID19 e darlle a rapazada a oportunidade de aproveitar o tempo libre na casa, neste caso, promovendo a escrita nestes tempos de corentena.

As obras deberán ser individuais, inéditas e orixinais escritas en prosa ou verso, en galego ou castelán, e non exceder de 1.000 palabras. O prazo estará aberto até o 25 de setembro ás 14:00 horas.

Outorgaranse catro premios na modalidade de narrativa, que consistirán en lotes de libros, un para os cursos 1º a 3º de Primaria, outro para 4º a 6º de Primaria, outro para ESO e outro para Bacharelato e Ciclos Formativos. Tamén haberá dous premios, consistentes en lotes de libros, na modalidade de poesía: un para Primaria e outro para ESO. Bacharelato e Ciclos Formativos. O xurado estará formado por profesorado dos departamentos de Lingua Castelá, Galega e Literatura dos centros educativos e persoal do Concello.