A inscrición realizarase de forma telemática a partir deste sábado, 27 de xuño, e rematará o luns 29 ás 23:59 horas a través da web www.educacionourense.es.
O horario dos centros escolares é de 8:30 a 14.30 horas -para escolares de 5 a 12 anos: 6º de Educación Infantil, rematado este ano, até 6º de Educación Primaria-. Na Aula da Natureza do río Miño, en Oira, traballarase de 8:30 a 13:30 horas, e só se admitirá alumnado de Primaria.
CENTRO - MES / QUINCENA
- CEIP O Couto - Agosto
- CEIP As Mercedes - 1ª quincena de agosto
- CEIP Vistahermosa - Todo agosto
- CEIP Manuel Luís Acuña - Xullo e agosto
- CEIP Albino Nuñez - 2ª quincena de xullo e todo agosto
- CEIP A Ponte - Agosto
- CEIP Prácticas - Xullo e agosto
- CEIP A. Rguez Barroso - Agosto
- CEIP Irmáns Villar - 1ª quincena de xullo e todo agosto
- CEIP Inmaculada - Xullo e agosto
- Aula da Natureza - Agosto