Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense e o centro asociado da UNED na cidade asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de prácticas profesionais.

Este programa de cooperación educativa permitirá que os estudantes de grao e posgrao (máster) poidan complementar a súa formación universitaria traballando no consistorio, e que esta experiencia poida servir para completar os seus traballos de fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM).

A selección do estudantado corresponderalle á UNED en función do número de prazas e das necesidades do Concello de Ourense.

O alcalde de Ourense declarouse moi contento coa colaboración que o Concello mantén coa UNED -coa que tamén colabora na futura implantación co centro de intelixencia artificial-, “a máis grande das universidades públicas”, segundo lembraba o seu director, Jesús Manuel García. Á sinatura do convenio acudiu tamén a concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez.