Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A escritora Antía Yáñez achegouse ao CEIP Seixalbo esta mañá para participar na última das sesións do programa de fomento da lectura 'Encontros coa autora', organizado pola Concellería de Educación, no que participaron preto de 1.000 escolaresde 5º curso de Educación Primaria (10 anos). O libro escollido este ano foi Plan de rescate (ed. Xerais).

O programa é unha iniciativa didáctica para o fomento da lectura, un dos piares das actividades complementarias da área de Educación. Antes do Nadal entregáronselles os libros aos centros escolares inscritos nesta actividade para a súa lectura, un exemplar para cada neno/a.

Despois veu o traballo na aula, coa axuda de 45 docentes. A segunda parte da actividade foi o encontro coa autora do libro, onde se debateu o argumento, formato, temática...

A diferencia de edicións anteriores, este curso foi a propia autora a que se moveu nos últimos 5 meses polos distintos centros, como marcan as normas sanitarias, evitando así mesturar o alumnado.