Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense abre o prazo de preinscrición para o vindeiro curso do 11 ao 21 de maio do 2021 a través da web educacionourense.com.

As persoas aspirantes deberán facer a entrega da documentación xunto coa copia da solicitude xerada na preinscrición online. A entrega da documentación e da solicitude poderán facela:

  • Enviando un correo a escoladeartes[arroba]ourense.es

  • A través da SEDE electrónica do Concello de Ourense

  • A través do rexistro online

Os cursos teñen unha de duración coincidente co ano escolar. As taxas de matrícula teñen un custe de 19,80 euros e a cota trimestral, de 59,60 euros. As listaxes provisionais das persoas admitidas publicaranse no espazo web www.educacionourense.com o día 1 de setembro.

Grupos para a rapazada [novidade: grupos para 1º e 2º de ESO]:

  • Grupo A, 1º de Educación Primaria: luns e venres de 16.00 a 16.50 horas

  • Grupo B, 2º de Educación Primaria: martes e xoves de 16.00 a 16.50 horas

  • Grupo C, 3º de Educación Primaria: luns de 17.00 a 17.50 e mércores de 16.00 a 16.50 horas
     
  • Grupo D, 4º de Educación Primaria: mércores e venres de 17.00 a 17.50 horas

  • Grupo E, 5º de Educación Primaria: luns 18.00 a 18.50 e venres de 19.00 a 19.50 horas

  • Grupo F, 6º de Educación Primaria: mércores e venres de 18.00 a 18.50 horas

  • Grupo G, 1º ESO: martes de 19.00 a 19.50 e xoves 17.00 a 17.50 horas

  • Grupo H, 2º ESO: martes de 20.00 a 20.50 e xoves 18.00 a 18.50 horas

Grupos para persoas adultas:

  • Iniciación: mércores de 19.00 a 20.50 horas

  • Elemental 2: xoves de 19.00 a 20.50 horas

  • Pre- intermedio 1: luns de 19.00 a 20.50 horas

  • Pre- intermedio 2: martes de 17.00 a 18.50 horas

  • Intermedio: mércores de 10.00 a 11.50 horas

Toda a información, en www.educacionourense.com