Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O concelleiro de Educación, Armando Ojea, asistiu hoxe no CEIP Amadeo Barroso á presentación da actividade O camiño da Lingua, unha pioneira iniciativa no marco do programa de Animación á Lectura do Concello de Ourensecuxo obxectivo é fomentar a cultura e a lingua galega a través do xogo e da interacción.

O programa inclúe probas lingüísticas, preguntas culturais sobre Galicia, e xogos onde o vínculo é a lingua galega. A proposta do Concello de Ourense será unha buxaina que, co seu baile polo taboleiro de xogo, irá planeando diferentes probas e retos.

O camiño da Lingua está estruturado sobre seis eixes: preguntas culturais de Galicia; probas lingüísticas -refraneiros, adiviñas, trabalinguas, linguaxe de signos, frases e ditos, etc.-; tradicións e costumes galegos; contos e lendas; artistas da palabra escrita -escritores/as e a súa obra-; e xogos de letras: a sopa de letras, a buxaina baleira, o crebacabezas castrexo, os oficios, fotos de antes, de viaxe pola emigración...

Esta iniciativa da Concellería de Educación está dirixida ao alumnado de 3º curso de Educación Primaria (9 anos), e contará coa participación de 390 escolares de 12 colexios da cidade. As actividades nas aulas levaranse a cabo do 20 de maio ao 2 de xuño.