Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O concelleiro de Educación, Armando Ojea, asistiu esta mañá nas Burgas á última sesión da actividade 'Pasea por Ourense', que organiza o Concello. Alí agardaba un grupo de alumnos de Educación Infantil (4-5 anos) do Colexio Carmelitas no inicio dunha visita guiada e dinamizada polo centro histórico -con paradas na Praza Maior e na Praza de San Martiño, xunto á Catedral- introducindo a rapazada na historia da cidade a través dos contos do seu anfitrión, o monicreque Martiño.

Esta actividade é unha iniciativa da área de Educación, dentro do Programa Coñece a túa cidade, que vai dirixida a alumnado de Educación Infantil de 10 centros escolares. Participaron nela un total de 735 escolares de Ourense.