Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O concelleiro de Educación, Armando Ojea, asistiu hoxe no CEIP Amadeo Barroso á presentación da actividade O camiño da Lingua, unha pioneira iniciativa no marco do programa de Animación á Lectura do Concello de Ourense.

A Concellería de Educación entregou, esta mañá, os premios do IX Certame de Microrrelato, unha iniciativa ao abeiro da Semana das Letras Galegas 2021. O obxectivo principal deste certame é o de fomentar o uso da lingua galega a través da capacidade creativa dos escolares da nosa cidade, e este ano o motivo dos relatos foi: “As cores de Galicia”.

A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense abre o prazo de preinscrición para o vindeiro curso do 11 ao 21 de maio do 2021 a través da web educacionourense.com

Acto de entrega dos premios

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu, esta mañá a entrega dos premios da sétima edición do Certame Literario Relatos de auga intelixente, destinado a escolares entre 12 e 17 anos.

Antía Yáñez co alumnado do CEIP Seixalbo

A escritora Antía Yáñez achegouse ao CEIP Seixalbo esta mañá para participar na última das sesións do programa de fomento da lectura 'Encontros coa autora', organizado pola Concellería de Educación, no que participaron preto de 1.000 escolares.