Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

Cartel da Universidade Popular 2020

O Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades formativas Universidade Popular. Son en total 140 cursos e obradoiros, dirixidos a persoas maiores de 16 anos, cun total de 3.989 prazas dispoñibles. A oferta dá continuidade a actividades que ano tras ano teñen unha grande acollida entre o público e incorpora un total de 44 novos cursos e obradoiros. Trece das actividades impartiranse na modalidade online e as 127 restantes de forma presencial.

As persos interesadas poderán preinscribirse desde o día 1 ao 31 de outubro, a través da páxina Web da Concellería de Educación cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde o día 1. Se teñen algunha dificultade para realizar o trámite poderán acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), de 9 a 14h. Un dos criterios de admisión será a orde de entrega da solicitude.

Alcalde e reitor da Universidade de Vigo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa mantiveron esta mañá unha xuntanza na Alcaldía na que avanzaron en diferentes liñas de colaboración entre ambas institucións destinadas ao reforzo da oferta formativa do campus de Ourense e ao desenvolvemento de proxectos como o futuro Centro de Intelixencia Artificial.

Escola de idiomas

A Escola Municipal de Idiomas (EMI) do Concello de Ourense amplía o seu prazo de matrícula para inscribirse nos cursos de inglés, até que se cubran todas as prazas. Os grupos pertencen a educación para adultos, e se poderán matricular nas dependencias da Concellería de Educación -Praza San Martiño, nº2- en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. A EMI oferta aínda prazas vacantes, en menor medida, para os cursos dirixidos a alumnado de Educación Primaria.

Foto da reunión

O proxecto para a creación dun centro de intelixencia artificial na cidade de Ourense vai sumando apoios. Se onte era a Universidade de Vigo, hoxe é a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) a que, a través do director do seu centro asociado en Ourense, Jesús Manuel García, manifestaba a súa intención de apoiar este proxecto. Nunha xuntanza entre o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o equipo directivo da institución educativa en Ourense, saíu esta mañá o compromiso para unha reunión formal co equipo de goberno da UNED en Madrid.

A UNED conta cun departamento de Intelixencia Artificial dentro do grao de Enxeñería Superior de Informática, que ve con bos ollos o proxecto que pon sobre a mesa o goberno municipal. O rexedor considera que este apoio “é o espaldarazo definitivo” e unha noticia moi boa para a cidade.

Medio millar de escolares da cidade participan na programación de actividades “Concilia Verán” que organiza o Concello. A edil de Educación, María Teresa Rodríguez asistiu hoxe ao inicio dunha das actividades: os campamentos de verán que se realizan durante o mes de xullo nos CEIP Amadeo Rodríguez, O Couto, Mestre Vide e A Ponte.