Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

Os impresos poderanse recoller na Concellería de Educación (na praza de San Martiño nº 2) ou na Oficina de Atención o Cidadá.
Toda a información, en educacionourense.com

Entrega dos premios

O III Certame Cartas de Amor, no marco do programa de animación á lectura da Concellería de Educación, entregou  os seus premios ás mellores misivas do total das 120 presentadas. Participaron alumnos e alumnas de 10 centros escolares de 6º de Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria da cidade.

Cartel do Entroido 2018

A Concellería de Educación convocou 300 escolares pertencentes aos cursos de 1º a 4º de Educación Primaria de sete centros de ensino da cidade para participar nos xoves de Compadres e de Comadres, actos cos que se dá comezo o Entroido 2018 en Ourense. As actividades terán lugar os vindeiros 1 (compadres) e o 8 (comadres) de febreiro ás 11.30 horas na Praza Maior.

Logo da actividade

A Concellería de Educación e a Deputación de Ourense inician, o 30 de xaneiro, unha nova edición -a décimo primeira- das Tertulias Literarias en galego, polas que pasarán un total de 190 escolares de ESO e Bacharelato de 11 centros educativos da provincia. Nesta ocasión, o libro escollido para as tertulias é a novela Izan o da saca (de. Xerais), obra de Xabier Quiroga.

Presentación das actividades de conciliación polo Nadal

A Concellería de Educación vén de presentar a súa oferta de Actividades de Conciliación da vida laboral e familiar para este Nadal. Unha oferta que abrangue un segmento de idade comprendido entre os 4 e os 12 anos, e co que se traballará fundamentalmente es aspectos relacionados cos valores: “Educación ambiental, para falar da seca ou dos incendios, educación para a saúde, educación viaria, educación moral e para a paz...” serán os eixos fundamentais deste programa, dixo a concelleira de Educación, Belén Iglesias.