Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

Poster da XVI edición de MOTECES

A Mostra de teatro de secundaria, a MOTECES, celebra a súa décimo sexta edición do 2 ao 12 de maio de 2017 no Salón de Actos da Escola Municipal das Artes Escénicas. Participan un total de 9 grupos formados por alumnos de Ensino Secundario de 9 centros: os IES Xesús Ferro Couselo, E. Blanco Amor, Universidade Laboral e As Lagoas, o CIFP Carballeira, e os CPR Sto. Ángel, Divina Pastora, Divino Maestro e Sta. Teresa de Jesús

Belén Iglesias cos nenos do Colexio Luis Vives

A Concellería de Educación, dentro do seu programa educativo Educación e Saúde Ambiental, quere que os escolares da cidade coñezan as árbores da nosa contorna e para iso realizará, cun total de 329 escolares de 5º e 6º curso de Educación Primaria de diferentes colexios de Ourense, a actividade “Caderno de campo”. O programa comezou o 21 de abril cos alumnos do CPR Luís Vives, que estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Belén Iglesias.

Sofía Godoy e Belén Iglesias cos alumnos do Blanco Amor

Un total de 30 alumnos de 3º ESO do IES Blanco Amor participaron, nunha xornada de traballo, dentro das actividades do I Plan de Infancia e Adolescencia do concello de Ourense, na que reflexionaron sobre as debilidades, fortalezas e melloras que farían na nosa cidade en relación con determinadas áreas: lecer, cultura e tempo libre; educación; medio ambiente e urbanismo; saúde e actividade física; benestar social e familia; equidade e diversidade.

Presentación das actividades de conciliación para a semana santa.

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, vén de presentar no salón de plenos do Concello de Ourense as actividades de conciliación preparadas polo seu departamento durante as vacacións escolares de semana santa. Desenvolveranse na Aula da Natureza e nas bibliotecas municipais de San Francisco, A Ponte e A Carballeira. “Unha alternativa escolar para os pais nas que se aplicará unha metodoloxía baseada na aprendizaxe a través do xogo”, explicaba Iglesias Cortés.

Presentación do Programa de Pensamento Lóxico-Matemático

O Concello de Ourense quere reforzar o ensino das Matemáticas nos centros escolares da cidade a través do programa Pensamento Lóxico–Matemático, unha ferramenta dirixida a profesores e alumnos “co obxectivo de que adquiran coñecementos básicos e previos para ir creando capacidades”, comentaba o alcalde, Jesús Vázquez.