Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación abre este luns o prazo para anotarse no Concilia Verán 2020

A Concellería de Educación do Concello de Ourense convida as familias a coñecer mellor e gozar da biodiversidade da cidade con “Ourense ten un tesouro, búscao con Mila e Iago!”.

Logo Escola muncipal de Idiomas

O Concello de Ourense abre desde o mércores 6, até o venres 15 de maio, o prazo de preinscrición para o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Idiomas. As persoas interesadas poden facelo a través da páxina web da Concellería de Educación.

Imaxe do certame

A Concellería de Educación do Concello de Ourense convida o alumnado dos centros educativos da cidade a desenvolver a súa creatividade literaria durante este período de confinamento pola pandemia. Para isto, convoca o I Certame Literario “Sementeiro de historias: a corentena 202”. Está dirixido a alumnado de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Medios e Superiores, que terá que presentar traballos que conten as experiencias vividas nesta etapa, historias reais ou ficticias, en prosa ou verso.

Sesión de dobraxe

A Concellería de Educación iniciou esta mañá a actividade “Dobraxe na Escola”. Durante tres días (9 a 11 de marzo), os dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achéganlle á rapazada a técnica da dobraxe, concretamente a das películas de animación para que coñezan esta ferramenta máxica e novidosa que é capaz de captar a atención dos nenos e das nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou a intención.