Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O Concello de Ourense sumouse á conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, polas asasinadas e polas supervivintes. Logo do minuto de silencio, foi o concelleiro de Política Social, Telmo Ucha, o encargado de ler a declaración institucional consensuada pola FEMP para a ocasión.

Podes acceder ao manifesto aquí [PDF]

Comunícaselle á cidadanía que, por responsabilidade institucional e tendo en conta a situación derivada da covid-19 pola que estamos a atravesar, este ano non se levarán a cabo actividades conmemorativas o 25 de Novembro, con motivo do Día Internacinal para a eliminación da violencia exercida contra as mulleres, no entorno comunitario para evitar exposicións innecesarias a risco de infección.

Cartel da actividade

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense ofrece un servizo de conciliación para a tempada estival, cunha programación de actividades deseñada para favorecer un lecer igualitario e a convivencia coa diversidade da poboación infantil. Está dirixido a familias con nenas e nenos de entre os 6 e os 12 anos. Hai 12 prazas, que se adxudicarán por orde de presentación das solicitudes, na Concellería de Igualdade, na rúa do Ensino, 24, teléfono 988 393191, desde o mércores, 1 de xullo (de 9:00 a 12:00 h).

Lectura do manifesto

A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella deu lectura esta mañá no salón de plenos do Concello ao manifesto da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) pola celebración, o día 18 de xuño, do Día do Orgullo LGTBI. Ao acto asistiron representantes da corporación municipal.

DOCUMENTACIÓN

Xurado do premio Clara Campoamor

O xurado da edición número 14 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlles o premio a María Antonia Rilo Veiga e á Rede Galega contra a Trata.

Portada do libro

A Concellería de Política Social, Igualdade e Saúde do Concello de Ourense presenta a campaña En Ourense sementamos igualdade, unha acción de concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.

Cartel da actividade

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información Municipal para a Muller (CIMM), organiza este mércores, 15 de xaneiro, o obradoiro 'Igual a nós”, unha actividade gratuíta e aberta que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres a través da promoción e sensibilización na educación en igualdade e na prevención da violencia de xénero. Con esta actividade quérese tamén sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura dos estereotipos de xéneros, especialmente a través do uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación. A idea é a de “fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal”.

Cartel do 25N2019

Ante a convocatoria de concentracións de condena á violencia machista en toda España, entre elas unha en Ourense, xunto á Castañeira, para hoxe, luns, ás 20.00 horas, e logo de coñecerse hoxe un novo caso de asasinato machista dunha muller en Tenerife a mans da súa parella, a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense apraza o acto previsto para esta tarde á mesma hora, no Centro Cívico da rúa Colón, dentro da programación do 25-N, para evitar unha coincidencia de convocatorias que lles puidese restar afluencia á concentración convocada.

Así, a presentación do libro Diagnóstico do hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense, a cargo de Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero, será o día 4 de decembro, á mesma hora (20.00 h) no mesmo lugar Centro cívico da rúa Colón.

Presentación do cartel

Teatro documental, con Iria Piñeiro, música con Guadi Galego, exposicións de fotografía, contacontos, obradoiros e unha conferencia de Iria Vázquez Silva son algunhas das propostas da programación de actividades organizadas polo Concello para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional contra as violencias de xénero 2019.

A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz presentou a programación, que inclúe propostas tanto para as persoas adultas como a mocidade ou a infancia. Márcase como obxectivo poñer de manifesto os diferentes ámbitos nos que se manifesta a violencia de xénero, que non é só o da parella senón tamén moitos outros, como o institucional. Nos actos programados terá lugar a presentación, o día 25, dunha diagnose sobre o hábitat e a convivencia igualitaria na cidade de Ourense por parte de Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero. O lema da programación é Vivas e Ceibes! e a imaxe da campaña é unha creatividade de Patricia Joga.

Casa do Concello

O Concello de Ourense ten aberto o prazo para presentar solicitidades para a convocatoria de subvencións para proxectos que persigan algún dos obxectivos e/ou medidas recollidas no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero.