Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O Concello de Ourense será pioneiro en España en contar cunha auditoría de xénero específica en materia salarial, na que se analizarán todos os parámetros de todos e cada un dos postos de traballos, así como as súas retribucións, complementos e xornadas, sempre desde unha análise na que se comprobará a “situación da feminización” na Administración Local.

Con esta actuación, o Concello pon en marcha unha das accións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de igualdade para combatir a fenda salarial e que se implantará en España en liña cos importantes cambios normativos de Islandia e Alemania.

Ademáis, Ourense tamén será o primeiro Concello de España en adherirse ao Programa e accións de prevención do acoso no marco do Programa Nacional “Mujeres en Igualdad”, subvencionado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, dirixido á prevención do acoso sexual nas organizacións.

Ambos aspectos conformarán o convenio que subscribirá o Concello de Ourense coa Asociación Galega de Auditores Laborales (Agaxen), tal e como se puxo de manifesto nunha reunión na que participou o alcalde, Jesús Vázquez; e as concelleiras Sofía Godoy e Flora Moure, así como os representantes de Agaxen, Mª Angeles García Pérez e Juan Luis Prado Álvarez.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que “alcanzamos un importante acordo de colaboración coa Asociación Galega de Auditores Laborales porque nos preocupa e nos ocupa manter unha Administración Local comprometida coa igualdade e a transparencia. E por iso damos pasos efectivos que nos permitan avanzar cara un diagnóstico global que nos permita desenvolver un Plan de Igualdade Municipal no Concello de Ourense”.