Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O xurado da edición número 13 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlle o premio ao CIFP Portovello “polo seu relevante traballo en igualdade e na prevención da violencia de xénero ao longo do tempo implicando a toda a comunidade educativa”, ex aequo coa profesora Rosa María Cid Galante, investigadora sobre xénero e educación, docente no IES Universidade Laboral e creadora do blog 'Historia das nosas mulleres ourensás'.

O xurado, que se reuniu hoxe ás 13:10 horas nas dependencias da Concellaría de Igualdade, na rúa Ensino, estivo formado por:

Sofía Godoy Gómez-Franqueira, concelleira de Igualdade,
Mª Elena De Jesús Rodríguez, directora do CIMM,
Mª Luisa LLoves Boó, en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes,
Esther Bouzo López, en representación da Comisión de investigación e seguemento da violencia exercida contra as mulleres,
Baldomero Moreiras, en representación do ámbito sociocultural, e
Mª Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da Concellaría de Igualdade, que actuou como secretaria.