Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O xurado da edición número 14 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlles o premio a María Antonia Rilo Veiga e á Rede Galega contra a Trata.

María Antonia Rilo foi proposta pola Federación de Asociacións Veciñais Limiar polo seu relevante traballo desde a esfera pública e privada na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero, sendo impulsora do primeiro Plan de Igualdade e da Comisión de Seguimento da Violencia de Xénero. A Rede Galega contra a Trata foi proposta pola Concellería de Igualdade por ser un instrumento de intervención e coordinación entre as asociacións e persoas integrantes da rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática, así como por ser unha plataforma asemblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de persoas, principalmente con fins sexuais e laborais e maioritariamente mulleres, nenas e nenos.

O xurado, que se reuniu hoxe nas dependencias da Concellaría de Igualdade, para examinar as propostas presentadas e os méritos aducidos das persoas e institucións merecedoras do premio, estivo formado por: Eugenia Díaz Abella, concelleira de Igualdade, Mª Elena De Jesús Rodríguez, directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres, CIMM, María Cabanelas, en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, Nora Sola, en representación do ámbito sociocultural, Ramón Salvador Álvarez, en representación da Comisión de Investigación e Seguemento da violencia exercida contra as mulleres e Mª Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da Concellaría de Igualdade, que actuou como secretaria.

O Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades é unha iniciativa da que convoca a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero.