Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

Cartel do Espazo coeduca

O Concello de Ourense organiza actividades de verán no Espazo Coeduca, dirixidas a nenas e nenos de 6 a 12 anos, que se desenvolverán de luns a venres, de 9 a 14 horas, nas dependencias da Concellería de Igualdade.

A Concellería de Igualdade trasladou ao campo de fútbol do Carqueixal, en Seixalbo, a súa reivindicación a prol da igualdade e da xustiza social co gallo do Día Internacional das Mulleres coa lectura dun manifesto.

Espazo Coeduca Semana Santa

O Concello de Ourense ofrece, para a Semana Santa, o programa de actividades de lecer infantil do programa Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.

Recollida do premio

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu, esta mañá, a entrega do XV Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, que recaeu nas profesionais dos servizos de axuda no fogar (SAF).

A glorieta de Concepción Arenal loce iluminación artística nocturna de cor morada desde esta madrugada en adhesión á celebración do Día Internacional das Mulleres.

Xuntanza do xurado do premio

O xurado do XV Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades recaeu nas profesionais dos servizos de axuda no fogar (SAF), ao entender o xurado que reflicten dun xeito singular os traballos de coidados. “Se algo puxo especialmente en evidencia durante o confinamento imposto despois da declaración do estado de alarma”, recolle a acta, “foi precisamente a crise dos coidados e a necesidade urxente de situalos no centro das políticas públicas”.

O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, un certame, que organiza a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero. Malia as restricións existentes na actualidade como consecuencia da pandemia da COVID-19, o goberno municipal decidiu manter esta convocatoria, adaptándoa a este novo escenario.

Cartel Coeduca

O Concello de Ourense abre o prazo para anotarse no programa de actividades de lecer infantil do programa Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, e que se desenvolverá do 23 de decembro ao 7 de xaneiro de 2021 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O Concello de Ourense sumouse á conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, polas asasinadas e polas supervivintes. Logo do minuto de silencio, foi o concelleiro de Política Social, Telmo Ucha, o encargado de ler a declaración institucional consensuada pola FEMP para a ocasión.

Podes acceder ao manifesto aquí [PDF]

Comunícaselle á cidadanía que, por responsabilidade institucional e tendo en conta a situación derivada da covid-19 pola que estamos a atravesar, este ano non se levarán a cabo actividades conmemorativas o 25 de Novembro, con motivo do Día Internacinal para a eliminación da violencia exercida contra as mulleres, no entorno comunitario para evitar exposicións innecesarias a risco de infección.