Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O xurado da edición número 12 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlle o premio a María Jesús Pato Díaz, profesora de Ensino Secundario, feminista, escritora, integrante da Real Academia Galega e unha das figuras máis relevantes e vangardistas da poesía galega actual.

 

O xurado subliña no seu fallo que o traballo de Chus Pato “é recoñecido máis alá das nosas fronteiras, sendo traducida a súa poesía ao español, ao inglés, ao portugués, ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, e ao árabe, entre outros, polo que a súa presencia está en todas as antoloxías internacionais”, segundo recolle a acta.

O xurado, reunido esta mañá na Concellería de Igualdade ás 12.00 horas, estaba formado por:

  • Mª Sofía Godoy Gómez-Franqueira, concelleira de Igualdade.
  • Mª Elena de Jesús Rodríguez, directora do CIMM.
  • Mª Elena Paz Álvarez, en representación do Consello Municipal de Igualdade.
  • Mª Luísa Rodríguez Arias, en representación da Comisión de investigación e seguemento da violencia exercida contra as mulleres.
  • Mª Luz Villar Otón, escritora e dramaturga, en representación do ámbito sociocultural ourensán.
  • Mº Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da Concellería de Igualdade, actuando como secretaria.

Unha das poéticas máis persoais e vangardistas da literatura actual.

A obra de Chus Pato (Ourense, 1955) está recoñecida como unha das poéticas máis persoais e vangardistas da literatura actual. A súa é unha voz renovadora e rupturista que se caracteriza tamén por un fondo compromiso ético.

Recoñecida internacionalmente, foi traducida ao español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano ou árabe clásico, entre outros idiomas, e está presente en prestixiosas antoloxías internacionais.

Os versos de Secesión (2009), lidos na súa propia voz son, desde 2015, os primeiros en lingua galega que forman parte dos fondos sonoros da Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard. A autora foi tamén convidada aos festivais internacionais de poesía de Barcelona, Rosario, La Habana, Bos Aires, Bratislava ou Rotterdam.

Chus Pato ten recibido galardóns tan importantes como o Premio Losada Diéguez, en 1997, Premio da Crítica en 2009 por Hordas de escritura (2008), co que volveu gañar o Losada Diéguez, ou o Premio da Irmandade do Libro como mellor autora do ano 2013 por Leviatán.

A poeta ourensá ingresou o pasado 23 de setembro na Real Academia da Lingua nunha sesión extraordinaria e pública celebrada no IES Otero Pedrayo de Ourense, centro educativo do que fo