Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O Pleno do Concello aprobou que Ourense sexa unha cidade LGTBI Friendly, tras sair adiante unha moción que, entre outras medidas, suporá:

  • A elaboración dun Plan Municipal de Prevención do Acoso homofóbico, bifóbico, e transfóbico na cidade.
  • A posta en marcha dunha campaña de promoción de espazos libres de LGTBI fobia na cidade.
  • A creación dun Foro Turístico Municipal LGTBI, no que estean representados técnicos, representantes municipais e axentes sociais, co fin de elaborar un Plan Estratéxico para converter a Ourense e o seu contorno nun destino preferente e de referencia para o colectivo LGTBI.