Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas


Dezasete mulleres vítimas de violencia de xénero son as primeiras beneficiadas do programa “Nexos”, un servizo pioneiro do Concello de Ourense para mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero e que aposta por crear unha rede de apoio mutuo para que superen o illamento e melloren a súa situación sociolaboral.

A concelleira Sofía Godoy, destaca que “esta iniciativa do CIM, da concellería de Igualdade, cofinanciada pola Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo é unha importante ferramenta para que as mulleres vítimas da violencia de xénero melloren a súa situación persoal e laboral e para reivindicar o seu empoderamento”. Godoy aposta pola “colaboración dos responsables dos diversos servizos sociais e sanitarios con presenza na cidad e que están en contacto co colectivo para derivar a posibles beneficiarias a este programa”.

O acceso ao programa xestiónase a través do CIM (Teléf. 988 393 191) ou de Xeracción, a cooperativa que está a ofrecer este servizo tras presentar a mellor oferta de actividades.

O programa “Nexos” consta de tres liñas de actuación. En primeiro lugar potenciase a creación dun grupo de apoio para mulleres que funcione coma espazo de autocoñecemento e de crecemento persoal.

Ao mesmo tempo están a realizarse obradoiros grupais para que as beneficiarias traballen coas súas emocións. Estase a incidir, especialmente, en potenciar a autoestima e a intelixencia emocional das beneficiarias. As actividades grupais tamén tratan sobre: sexualidade, saúde, alfabetización dixital, emprego e ocio saudable.

“Nexos” ten tamén unha parte de traballo individualizado que consiste no acompañamento e asesoramento caso por caso para buscar de mellorar a situación persoal e sociolaboral das beneficiarias que así o precisen.

Traballo cos menores.

Este proxecto tamén traballa de forma paralela cos menores a cargo das beneficiarias. Así, ofrécese as mulleres a posibilidade dun servizo de canguraxe, o desenvolvemento de obradoiros específicos e a oferta dun reforzo individualizado a menores cando o requira a situación.

Dende a súa posta en marcha, o pasado mes de maio, un total de 17 mulleres levan participado nas diferentes actividades do programa, ademais de catro menores aos que se lles facilitou un servizo de “canguro” para que a súas nais poidan participar nas actividades previstas no programa “Nexos”.

No grupo de apoio levan participado 12 mulleres.

Os acompañamentos individualizados se levan desenvolvido con 13 mulleres.

Até o de agora leváronse a cabo tres obradoiros específicos: Autoxestión da saúde. Herbas e preparados; Autocoñecemento, autoestima e autocoidados I; e Autocoñecemento, autoestima e autocoidados II, nos que levan participado 13 mulleres.

Para máis información pode contactarse co CIM no teléfono indicado ou ben a través dos teléfonos 629 352 269 e 988 613 822, e o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.