Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou a convocatoria das axudas que darán apoio ás actividades de promoción da igualdade que organicen asociacións sen ánimo de lucro, ás que destinará unha achega de 10.000 euros. Na mesma sesión, aprobáronse un total de 36 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais. Entre eles, o nomeamento de representantes do Concello na Fundación Expourense, os expedientes para contratar as obras de mellora e reparación dunha praza na Avenida de Marín, número 2 e a dirección da obra de reforma da Praza de Abastos, e diferentes licenzas, entre elas, unha para a construción dun edificio de iniciativa privada de 26 vivendas na rúa Bedoia, cun orzamento de 1,2 millóns de euros.

As subvencións da Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade darán apoio a actividades a desenvolver por parte de asociacións sen ánimo de lucro que persigan algún dos obxectivos e medidas recollidas no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense, e aqueloutros que teñan como finalidade principal potenciar e difundir as actividades de promoción da igualdade, a loita contra a violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes, a coeducación, a corresponsabilidade e calquera outra que evite a perpetuación dos roles tradicionais e os estereotipos sexistas. A convocatoria está dotada con 10.000 euros. Publicarase no Boletín Oficial da Provincia e ao día seguinte abrirase un prazo de 15 días para que se podan presentar as solicitudes.