Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información Municipal para a Muller (CIMM), organiza este mércores, 15 de xaneiro, o obradoiro 'Igual a nós”, unha actividade gratuíta e aberta que pretende mellorar a calidade de vida das mulleres a través da promoción e sensibilización na educación en igualdade e na prevención da violencia de xénero. Con esta actividade quérese tamén sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura dos estereotipos de xéneros, especialmente a través do uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación. A idea é a de “fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal”.

A duración da actividade é de unha hora, e constará das seguintes partes: unha presentación, cunha breve explicación do proceso en cada unha das súas fases; un desenvolvemento, no que se levará a cabo unha representación escénica de 30 minutos de duración, dirixida a abordar conceptos básicos de igualdade e prevención da violencia de xénero. Como eixo vertebrador empregarase as novas tecnoloxías, especialmente o uso do móbil. Unha vez rematada a representación escénica, realizarase unha reflexión grupal de 20 minutos de duración.

De seguido, establecerase un coloquio para que todas as persoas poidan expoñer as súas inquedanzas e as súas reflexións, e tamén clarificar conceptos abordados durante a representación escénica; e un desenlace, reforzamento do aprendido na actividade a través dunha performance contra a violencia de xénero, co obxecto de reflexionar sobre todo o abordado durante a sesión.

Máis información, no CIMM de Ourense, na rúa do Ensino, número 25, en horario de mañá: 988 393 191.