Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

A Concellería de Igualdade trasladou ao campo de fútbol do Carqueixal, en Seixalbo, a súa reivindicación a prol da igualdade e da xustiza social co gallo do Día Internacional das Mulleres coa lectura dun manifesto. Esta actividade corresponde a un acto programado polo día do #8M o ano anterior, coorganizado co CD Seixalbo.

Baixo o lema 'Aquí non se xoga coa violencia machista', deuse lectura a unha serie de peticións formuladas por diferentes persoas vencelladas co mundo do fútbol, caso de Gloria Viana, secretaria do CD Seixalbo, ou da árbitra de fútbol Ana Pereiro. Tamén interviñeron Antía Fabello, unha moza sensibilizada a prol da igualdade e contra a violencia de xénero, e o concelleiro de Igualdade do Concello de Ourense, Telmo Ucha, quen animou a manter vivo o espírito do 8M todos os días do ano e felicitou os participantes porque "neste campo, como ten que ser en todos, non se xoga coa violencia machista". O guitarrista Manuel Herminio acompañou coa súa música a lectura dos manifestos.

Ao remate do acto, pendurouse a faixa conmemorativa nun dos laterais do campo de fútbol para deixar testemuño permanente da loita contra a violencia de xénero, e da violencia en xeral no mundo do fútbol.