Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

As concelleiras de Igualdade, Sofía Godoy, de Cultura, Belén Iglesias, e de Deportes, Mario Guede, presentaron esta mañá no salón de plenos a programación de actividades de sensibilización e participación que se desenvolverán na cidade desde o día 4 ate o 24, con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

O programa agrupa actividades musicais, como Cantan-Elas; teatrais, coa obra Mariana Pineda; deportivas, coa carreira Son libre para correr; de emprendemento, o Art Woman; sociais, institucionais... e así ata 12 accións impulsadas pola Concellería de Igualdade coa colaboración das áreas de Cultura e de Deportes, así como coa colaboración de entidades como o Club Box 001, Art Woman e o Liceo de Ourense.

A campaña deste ano “xira arredor do concepto da fortaleza da muller, que dun xeito imparable vai accedendo a todos os estamentos e esferas”, afirmou a concelleira de Igualdade, Sofía Godoy. “Queda un longo camiño por percorrer que só lograremos acadar desde o empoderamento, a sororidade entre todas as mulleres, entre todas nós, para afrontar o cambio, xuntando con nós os homes, a toda sociedade para xuntas, xuntos, chegara ao equilibrio”, dixo.

Imparables

A mocidade é obxectivo prioritario desta campaña, subliñou Godoy: “Debemos achegarnos á xente nova, traballando na sensibilización e na prevención das desigualdades e, principalmente, da violencia machista”. Por este motivo, a imaxe da campaña é unha rapaza nun monopatín, baixo o lema Imparables, e cunha lenda: “Somos o que facemos para mudar o que somos”, cita do autor Eduardo Galeano. O cartel elixido para esta data é obra da ilustradora e deseñadora ourensá Patricia Joga.

Programa de actividades:

4 ao 8 marzo. 17:30 a 20:00 horas, Centros Cívicos (A Ponte, As Termas, Colón, A Ponte, e Seixalbo). Muller-ES. Actividades de concienciación no programa de conciliación.

7 marzo. 12:00 horas, Salón de Plenos: Lectura do Manifesto Institucional sobre o Día Internacional das mulleres.
Inauguración placa homenaxe á primeira vítima de violencia de xénero declarada oficialmente.

20:00 horas. Liceo de Ourense: Acto entrega do XIII Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades.

8 de marzo. 11:30 horas (Centro Cívico Colón, sala multiusos) Homenaxe ás mulleres: Gags do alumnado dos cursos de Animación á lectura e de coaching para maiores do Programa de envellecemento activo.

22:30 horas, Praza do Correxidor: Concerto Cantan-Elas, coas actuacións de: Alba Mª, Xestreu, Timparrantela e Broken Peach.

10 de marzo. 11:00 horas. Praza Maior. Carreira non competitiva baixo o lema Son libre para correr. Organiza: Asociación deportiva Club Box 001 Carreira de 5 kms para homenaxear a todas as corredoras.
Percorrido: Praza Maior, Colón, Lugo, Xulio Prieto Nespereira, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardenal Cisneros, La Unión, Rúa dos Fornos, Praza do Ferro, Sto. Domingo, Parque de S. Lázaro, Cardenal Quevedo, Alfonso R.Castelao, Paseo do Mestre Vide, Curros Enríquez, Parque San Lázaro, Rúa do Paseo, Lamas Carvajal, e Praza Maior

12 de marzo. 19.00h, Centro Cívico A Ponte. Obradoiro de Biodanza Chea de Vida. Imparte: Mari Fidalgo. Psicóloga e facilitadora de Biodanza SRT. Todos os martes desde o 12 de marzo ao 11 de xuño (12 sesións)

13 de marzo. 12:00 horas. Espazo Lusquiños da Mocidade: Presentación proxecto Hip-Hop contra a violencia de xénero. Xénero Versus. Participa: alumnado ciclo Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello.

15 de marzo. 20:30 horas. Auditorio Municipal. Representación teatral Mariana Pineda, de Compañía Teatral Palmyra.

22 ao 24 de marzo. Mañá e tarde, Praza Maior/Bispo Cesáreo. Art Woman: Evento visibilización do talento feminino: participación de emprendedoras e de asociacións no ámbito da muller e da promoción da igualdade.