Desde o CIMM considerouse necesario poñer en marcha un novo proxecto coa finalidade de dar resposta ás necesidades detectadas en mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero, poñendo en relación a estas mulleres entre sí e co entorno social máis próximo e incidindo naquelas áreas deficitarias a nivel persoal, familiar e social para poder normalizar a súa situación e, simultaneamente, para poderlles prestar un servizo máis eficaz, eficiente e de calidade.
Obxectivos
Dotar dun punto de encontro e de aprendizaxe as mulleres ourensás vítimas de violencia de xénero para superar o illamento e a impotencia que conlevan a cronificación da súa situación persoal.
Promover espazos e redes de mulleres para reflexionar conxuntamente sobre a súa situación persoal, familiar e social e artellar estratexias de recuperación dos seus proxectos vitais.
Empoderar as mulleres traballando os corpos e as emocións como base imprescindible para o desenvolvemento de habilidades persoais e sociais que as habiliten para normalizar a súa situación.
Reforzar o apoio e as estratexias psicolóxicas, así como a intervención socio-educativa levadas a cabo polo equipo técnico do CIMM.
Dotar dun grupo de apoio de mulleres vítimas de violencia en fase de recuperación ou que xa superaron esta situación para compartir experiencias comúns e guiar e acompañar ás que se vaian incorporando de novo posteriormente.
Liñas de actuación
O programa conta de tres liñas de actuación:
- Grupo de apoio de mulleres vítimas de violencia.
- Desenvolvemento de actividades grupais para:
- O traballo co corpo e as emocións a través de técnicas psicodramáticas e gestálticas;
- Obradoiros de habilidades sociais, incidindo especialmente na autoestima e a intelixencia emocional;
- Sesións monográficas sobre saúde, alfabetización dixital, emprego, ocio cultural e saudable...
- Titorías individualizadas de reforzo nos casos en que se estime oportuno.
Nota: O grupo de apoio contémplase exclusivamente para mulleres que atravesan por situacións de violencia machista. As outras dúas liñas poden integrar a mulleres que se atopan en situación de risco de violencia ou ben en situación de vulnerabilidade social.
Acceso ao programa
A través do Centro de Información ás Mulleres (CIMM)