Que é o Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes?
No marco da configuración territorial dunha política integral de igualdade considérase fundamental o papel a xogar polos concellos, por ser o nivel da Administración máis achegado a cidadanía, aos seus intereses e necesidades. Por todo iso representa o contexto máis axeitado para artellar a posta en marcha e funcionamento do Consello Municipal da Igualdade entre Mulleres e Homes, que garanta a participación e a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía e, en especial, das mulleres ourensás. Este Consello constitúese como órgano de participación, asesoramento, consulta, seguimento e canalización da problemática e da vida cidadá das mulleres, así como da igualdade de oportunidades entre ambos os sexos.
Obxectivos prioritarios
- Defender os dereitos das mulleres velando polo cumprimento das disposicións legais e previndo as posibles discriminacións que se poidan producir en calquera dos eidos de actuación.
- Fomentar a concienciación das mulleres da súa propia situación, así como promover cambios nas actitudes e comportamentos dos homes que perpetúan a desigualdade entre ambos os dous.
- Impulsar, promover e apoiar o asociacionismo feminista e de mulleres e aqueloutros que promovan a igualdade entre xéneros respectando a súa autonomía.
- Potenciar a participación social das mulleres co fin de que se constitúan responsables e protagonistas do seu propio proceso de promoción e desenvolvemento e para a consecución dunha igualdade real e efectiva.
- Calquera outro de carácter análogo que teñan incidencia para as mulleres e/ou a igualdade de oportunidades.
- Impulsar, promover e orientar medidas e plans de actuación para as mulleres e homes e facer un seguimento das actuacións municipais neste eido, así como dos procedementos dos distintos niveis da administración.
- Instar a Corporación municipal ao cumprimento das actuacións en todos os eidos que sexan convenientes na defensa dos dereitos das mulleres e da promoción da igualdade.
Requisitos para ser membros do Consello Municipal da Igualdade
- Estar legalmente constituído.
- Ter domicilio social no Concello de Ourense.
- Para formar parte deste, as asociacións de mulleres do noso concello, así como aqueloutras asociacións, entidades ou organizacións que teñan como finalidade primordial potenciar a integración social das mulleres e a igualdade real e efectiva de mulleres e homes deberán comunicar ao Presidente/a do Consello Municipal da Igualdade a súa vontade de pertencer a este mediante escrito no que se especificarán os seus datos identificativos e o interese en formar parte del para participar na sesións que se convoquen. Deberán achegar os estatutos da asociación ou colectivo.
Membros actuais do Consello Municipal da Igualdade
- Asociación de Mulleres Empresarias
- Asociación de Viúvas “Mª Andrea”
- Asociación de Amas de Casa “Montealegre”
- Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Ourense
- Asociación de Mulleres Rurais “Volvoreta” de Velle
- Asociación de Mulleres Rurais “San Amaro” de Oira
- Asociación de Mulleres Rurais “Clarexar” de Palmés
- Asociación de Mulleres Rurais “Xesta” de Covadonga
- Asociación de Mulleres Rurais “Sta. Agueda” de Seixalbo
- PP - Área da Muller
- PSOE - Área da Muller
- Ourense en común
- Democracia Ourensana
- EU- Área da Muller
- CCOO - Secretaría da Muller
- UXT - Secretaría da Muller
- CIG - Secretaría da Muller
- STEG - Secretaría da Muller
- Federación de AA.VV. “LIMIAR”
- Asociación de Persoas Xordas - Comisión da Muller
- Asociación Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU)
- Anacos da Cidade
- Asociación Española contra o Cancro de Ourense
- Fundación Taller Solidaridade
- Marcha Mundial das Mulleres
- Foro Feminista “Falando Nós””
- Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES)
- Área de Igualdade da Universidade de Vigo