Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense ofrece un servizo de conciliación para a tempada estival, cunha programación de actividades deseñada para favorecer un lecer igualitario e a convivencia coa diversidade da poboación infantil. Está dirixido a familias con nenas e nenos de entre os 6 e os 12 anos. Hai 12 prazas, que se adxudicarán por orde de presentación das solicitudes, na Concellería de Igualdade, na rúa do Ensino, 24, teléfono 988 393191, desde o mércores, 1 de xullo (de 9:00 a 12:00 h).

O servizo Emocioteca: Libres e Iguais desenvolverase desde o 6 de xullo até o 10 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas, que se é preciso se poderán ampliar cos servizos Madruga e Apoio Educativo, de 8:00 a 10:00 e/ou de 13:00 a 15:00 horas, para adaptarse ás necesidades das familias e reforzar o traballo escolar que se puidese ver afectado no período de confinamento.

A rapazada participará nun conxunto organizado de experiencias libres de prexuízos, desde una óptica de traballo integral, que lles ofrece unha visión do mundo respectuosa e non sexista. Os obxectivos da actividade son ofrecer un servizo de conciliación educativa ás familias, nun espazo seguro que fomente a educación equitativa e igualitaria e a convivencia coa diversidade, promovendo un modelo socio-educativo onde non teña cabida ningún tipo de discriminación, así como darlle apoio educativo á poboación infantil.

Do autocoñecemento á xestión dos sentimentos

O deseño da actividade ten en conta o contexto actual de pandemia, con factores como os meses de confinamento, o illamento social e a preocupación soci osanitaria e económica que poden dar lugar a estados emocionais alterados, medos, desconfianza, irritabilidade… e afectar negativamente á poboación infantil. Por isto, as actividades van enfocadas a fomentar o autocoñecemento emocional, a identificación e xestión dos sentimentos e o adestramento en habilidades sociais, comunicativas e relacionais.

Os servizos levaranse a cabo desde un enfoque transversal igualitario e non discriminativo, acompañando ao grupo para identificar condutas nocivas que interfiran na convivencia pacífica e promovendo dun xeito creativo as habilidades e competencias.