Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

Desde a Concellaría de Igualdade decidiuse crear no ano 2006 o Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades para pór en valor o traballo que diversos colectivos, organismos ou persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da (des)igualdade de xénero. É unha forma de incentivar e reforzar o traballo que nesta liña vénse desenvolvendo desde distintos ámbitos (profesionais, asociativos, laborais, de movementos sociais de base, sanitarios, etc.), traballo que, á súa vez, crea referentes e modelos nos seus sectores pero tamén entre a cidadanía, constituíndo, en definitiva, un conxunto de boas prácticas en materia de equidade de xénero e loita contra as violencias de xénero.

Entrégase este premio o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, conmemoración que nos vén a lembrar que a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes aínda é un anhelado obxectivo por alcanzar.

A enorme transcendencia e profunda significación da figura de Clara Campoamor explica sobradamente o porqué da súa elección para denominar este premio. Clara Campoamor Rodríguez. Unha feminista incansábel (pdf)

Desde a súa creación outorgáronse os seguintes premios:

  • 2007 - Xulgado de  Instrución núm. 3 (Violencia de xénero) co seu titular ao fronte, Jaime Parra Español. Acta do Xurado (pdf)
  • 2008 - Cátedra Caixa Nova de Estudos Feminista. Acta do Xurado (pdf)
  • 2009 - Centro de Orientación Familiar (COF). Acta do Xurado (pdf)
  • 2010 - Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Ourense. Acta do Xurado (pdf)
  • 2011 - Marcha Mundial das Mulleres de Ourense. Acta do Xurado (pdf)
  • 2012- Purificación Álvarez Villamarin (responsable da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno). Acta do Xurado (pdf)
  • 2013 - Ana Isabel Barrios López (feminista e sindicalista de CC.OO.). Acta do Xurado (pdf)
  • 2014 - Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Acta do Xurado (pdf)
  • 2015 - Anxeles Cuña Babarro  (dramaturga, autora e directora teatral). Acta do Xurado (pdf)
  • 2016 - Clubes de fútbol-sala femenino: Ourense Club de fútbol-Envialia e Cidade das Burgas. Acta do Xurado (pdf)
  • 2017 - Julián Pardinas Sanz (fiscal delegado de violencia de xénero). Acta do Xurado (pdf)
  • 2018 - Chus Pato Díaz (feminista, escritora e membro da Real Academia Galega). Acta do Xurado (pdf)
  • 2019 - Ex aequo á profesora, blogueira e investigadora de xénero e igualdade Rosa Mª Cid Galante, e ao CIFP Portovello polo seu traballo continuado en igualdade e loita contra as violencias de xénero. Acta do Xurado (pdf)