Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O proxecto XÉNERO VERSOS baséase no convencemento de que a música, en este caso concreto o RAP é unha canle de comunicación moi adecuado. O obxectivo e impulso que moveu este proxecto foi o de poñer os coñecementos pedagóxicos e musicais en mans do alumnado do 2º curso do Ciclo de Animación Socio cultural e Turística do CIFP PORTOVELLO para que eles mesmos compuxesen a letra, a música e finalmente gravar unha canción de rap na que puidesen expresar as súas opinións acerca dun tema tan importante como de actualidade, o inquietante aumento da violencia de xénero.

Baixo o noso punto de vista é un programa que funcionou por varios motivos, por unha banda provocou a súa reflexión como grupo.

Porque utilizar a música na educación pola Igualdade e contra a violencia de xénero?

Porque en xeral unha porcentaxe moi alta do alumnado recoñece escoitar música todos ou case todos os días. De tal maneira, que traballar na aula con música é a mellor forma de motivar e estimular ao alumnado, xa que unha canción implica sempre:

  1. Traballar a letra educando a intelixencia verbal
  2. Traballar a música educando a intelixencia musical
  3. Potenciar a creatividade, o intercambio de opinións, o respecto ás ideas alleas, a tolerancia, o diálogo con compañeiras e compañeiros, a reflexión, a introspección...educando así tamén a intelixencia emocional.

O proxecto constou de 7 fases e dentro desas fases en cada unha dos mesmas se levaron a cabo 10 sesións presenciais durante o horario escolar.

Temas elaborados polo alumnado participante:

  • Ni una más.  Letra (pdf)
  • Te quiero valiente y no encadenada . Letra (pdf) 
  • No me mereces. Letra (pdf)
  • As vosas historias non serán esquecidas Letra (pdf), canción non gravada.
  • Mulleres do máis ala. Letra (pdf)

Memoria do proxecto (pdf)