Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

Banderas multicolor do Orgullo LGTBI na fachada do Concello.

O Pleno do Concello aprobou que Ourense sexa unha cidade LGTBI Friendly, tras sair adiante unha moción que, entre outras medidas, suporá a posta en marcha dun Plan Municipal de Prevención do Acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico na cidade.

Cartel día orgullo LGTBI 2018

Actividades con motivo do Día do Orgullo LGTBI

Concello de Ourense

O Concello de Ourense convoca as subvencións coas que dará apoio a proxectos de actividades a desenvolver en Ourense que teñan como finalidade promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria, polo que se abre un prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes.

Cartel da celebración do 8 de marzo

Teatro, documentais, cine, concertos, ... para celebrar o Día Internacional das Mulleres.

Reunión cos representantes de Agaxen

O Concello de Ourense será o primeiro de España en contar cunha auditoría de xénero en materia salarial , así como en adherirse ao programa de prevención do acoso laboral e sexual nas organizacións, dentro do Programa nacional da Confederación Nacional “Mujeres en Igualdad”

Cartaz do wikimaratón

A Biblioteca Pública de Ourense acollerá, o vindeiro 10 de marzo, un 'Wikimaratón' para introducir na Galipedia, co gallo do seu 15 aniversario, biografías de mulleres galegas. A actividade, enmarcada no programa do Día da Muller, está aberta a toda a cidadanía e pretende pór en valor a figura de mulleres destacadas en diferentes ámbitos que non teñen a merecida referencia na enciclopedia galega en liña.

Xurado do Premio Clara Campoamor

O xurado da edición número 12 do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades acordou por unanimidade concederlle o premio a María Jesús Pato Díaz, profesora de Ensino Secundario, feminista, escritora, integrante da Real Academia Galega e unha das figuras máis relevantes e vangardistas da poesía galega actual.

Reunión do Consello da Igualdade

O Consello Municipal de Igualdade e a Comisión contra a Violencia de Xénero de Ourense aúnan traballo para articular os actos conmemorativos do Día da Muller

Fachada do Concello de Ourense

A Concellería de Igualdade ven de facer pública a resolución de subvencións(concedidas e denegadas) correspondentes ao ano 2017, por un importe de 4.229,12 euros.

Resolución das subvencións (pdf)

Presentación do III Plan de promoción para a Equidade de Xénero

O Concello de Ourense presentou no salón de plenos, xunto con diferentes colectivos sociais e representantes de todas as áreas municipais, o seu III Plan para a promoción da equidade de xénero, un documento impulsado desde o Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) e no que colaboraron o Consello Municipal de Igualdade, integrado por unha representación de todos os estamentos institucionais de Ourense, a Comisión de Violencia de Xénero e os diferentes partidos políticos.