Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

Defender os dereitos das mulleres velando polo cumprimento das disposicións legais e previndo as posibles discriminacións que se poidan producir en calquera dos eidos de actuación...

A Concellería de Igualdade-CIMM do Concello de Ourense pon a túa disposición un centro de recursos no que poderás poñerte ao día en materias que traten sobre igualdade e equidade de xénero.

¿Senteste reflectida nalguna das seguintes situación respecto da túa parella ou ex-parella?

  • Diríxese a ti con desprezo e falta de respeto, ata diante doutras persoas.
  • Infravalora o teu aspecto, as túas opinións, gustos, amizades, a túa familia...
  • Inicia discusións violentas, moitas veces sen motivo.? Controla as túas relacións con outras persoas, as túas saídas, os teus cartos,...

O Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) do Concello de Ourense, integrado na Concellería de Igualdade, ten por obxecto prioritario a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, loitando contra calquera obstáculo que impida a realización do exercicio eficaz dos seus dereitos ás mulleres ourensás