Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

As obras de construción do aparcadoiro para a futura estación intermodal de Ourense, que Adif comezará a executar este xoves, obrigan a modificar o tráfico rodado na contorna da Estación Empalme. Esta situación, que estará debidamente sinalizada pola administradora ferroviaria, estará en vigor durante a realización das obras, até o outono de 2020.

Acceso á estación. O acceso á estación en transporte privado só poderá facerse a través do aparcadoiro, desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira. O tráfico provinde de Xesús Pousa deberá xirar obrigatoriamente á dereita (e non como até o de agora, que se podía incorporar de fronte). Do mesmo xeito, os vehículos que suban pola Avenida das Caldas deberán xirar obrigatoriamente á dereita. Só poderán seguir de fronte os vehículos de transporte colectivo. Dentro da estación, só se poderá estacionar no aparcadoiro de Adif -con entrada desde Eulogio Gómez Franqueira-.

Prohibido xirar á esquerda a Xesús Pousa. A reorganización do tráfico impedirá tamén que os vehículos que circulan pola Avenida de Marín se poidan incorporar á esquerda, cara a Xesús Pousa e a Ponte do Milenio, pola locomotora.
Alternativas. A Policía Local de Ourense propón usar itinerarios alternativos para achegarse á estación, como pode ser xirando á esquerda a través da rúa Xesús Pousa antes de chegar á intersección, e buscar estacionamento nas rúas perpendiculares á rúa San Rosendo.

Parada de autobús. Por mor das obras, a parada de autobús máis achegada ao centro de saúde trasladarase uns metros cara adiante, manténdose o tráfico igual que estaba.

Desde a Policía Local recoméndase precaución coas novas condicións do tráfico e comprensión por parte dos usuarios da vía. En calquera caso, empregar medios de transporte colectivo para chegar á estación de trens.