Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

O Concello de Ourense traballa na redacción dos pregos administrativos e técnicos para licitar novos elementos para a mobilidade vertical en diferentes puntos da cidade. Así, ademais dos elementos mecánicos que vertebrarán a rúa do Progreso co Complexo Cultural de San Francisco, anunciados recentemente, o alcalde Gonzalo Péez Jácome anuncia que “desde o pasado 23 de setembro os enxeñeiros do Concello traballan en seis puntos adicionais”, o que redundará, afirma, “na mellora da calidade de vida dos veciños da zona”. Estes serán:

  • Escaleiras mecánicas na rúa Rosalía de Castro, no barrio da Ponte.
  • Escaleiras mecánicas na rúa Louris Freire, que une a acenida Otero Pedrayo coa de Bos Aires.
  • Escaleiras mecánicas na Alameda do Cruceiro, desde a rúa do Progreso.
  • Pasarela mecánica na rúa Nicomedes Pastor Díaz, desde a Avenida de Portugal ao barrio da Carballeira.
  • Escaleiras mecánicas desde o comezo da rúa Xoan de Nóvoa ao barrio da Cruz Alta –a de maior envergadura de todas as accións de mobilidade-.
  • Escaleiras mecánicas desde a praza de San Cosmede até Peña Trevinca, no barrio de San Francisco.